Publicador de contidos
Publicador de contidos

Día histórico no Porriño, coa estrea en Europa do Conservas Orbe Zendal

Día histórico no Porriño, coa estrea en Europa do Conservas Orbe Zendal

Eliminatoria da EHF European Cup a dobre partido contra o campión italiano, o Brixen Sudtirol

G24.gal 04/10/2024 11:20 Última actualización 04/10/2024 11:28

O Conservas Orbe Zendal afronta o seu debut histórico na European Cup, “que moita xente sementou”, con pouco tempo de preparación.

Pasaron 37 anos desde a fundación do Club Balonmán Porriño, hoxe emblema e orgullo da localidade; 28 desde o primeiro ascenso a División de Honra do seu primeiro equipo feminino e 14 desde que regresou a esa categoría para non descender máis, nunha traxectoria ascendente.

Este camiño alcanza esta tarde (20:30) un fito: o debut internacional. A primeira eliminatoria da EHF European Cup contra o campión italiano, o Brixen Sudtirol, completarase o domingo (12:30) no mesmo pavillón grazas a un acordo entre entidades.

Isma Martínez: "Confianza ningunha, non é un agasallo. Pero a nosa liga é máis forte. Hai opcións"

Sendo tan esperado, o dobre enfrontamento chega con escasa preparación específica. A EHF European Cup, creada en 2000, converteuse nun territorio propicio para o balonmán feminino español. O Rocasa Gran Canaria encabeza a súa palmarés, con tres títulos.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade