Imputan o fillo do presidente de Portugal por trato de favor na sanidade pública
Imputan o fillo do presidente de Portugal por trato de favor na sanidade pública
O exsecretario de estado de sanidade, tamén imputado, asegurou que a administración do medicamento seguiu os procesos habituais
A xustiza acaba de imputar a Nuno Rebelo de Sousa, o fillo do presidente da República Portuguesa. É no marco do que se coñece como o caso das xemelgas, por posible trato de favor para administrarlles o medicamento máis caro do mundo a través da sanidade pública.
É un medicamento cun custo dun millón de euros por dose, que estas dúas xemelgas brasileiras, dunha familia moi achegada ao fillo do presidente da República, obtiveron dun xeito moi rápido, para o que foi preciso que obtivesen a nacionalidade portuguesa.
Nuno Rebelo de Sousa, sospeitoso de apertar o ministerio de Sanidade, foi requirido para comparecer ante unha comisión de investigación parlamentaria, pero rexeitou acudir.
Este mesmo luns, si que compareceu outro dos tres imputados: o exsecretario de estado de sanidade, que asegurou que a administración do medicamento seguiu os procesos habituais.