Irene Ferreras: "Consultamos coa RFEF e co triplo empate subiría o Eibar"
Irene Ferreras: "Consultamos coa RFEF e co triplo empate subiría o Eibar"
A adestradora do Deportivo analiza as combinacións para a última xornada de Liga
A goleada ante o pechacancelas, engadido ás vitorias de Eibar e Osasuna, deixan o posto de ascenso directo á máxima categoría do fútbol español a lume de biqueira. Tres equipos empatados a puntos e unha xornada por disputar. Irene Ferreras atendeu o Galicia en goles tras o partido en Abegondo.
"Entendiamos o regulamento dunha maneira e o Eibar doutra. Fixemos unha consulta á Federación Española e agora xa sabemos que o triplo empate con Eibar e Osasuna dálles o ascenso ao equipo vasco. Agora toca desfrutar desta vitoria e xa pensar no partido co Logroño"
As opcións do Deportivo pasan por unha picada do Eibar ou un posible cuádruplo empate co Granada (con derrotas de Eibar, Deportivo e Osasuna e vitoria nazarí), o cuarto en discordia.