Israel critica a España polo recoñecemento de Palestina nun vídeo que mestura flamenco e terroristas
Israel critica a España polo recoñecemento de Palestina nun vídeo que mestura flamenco e terroristas
Israel critica a España polo recoñecemento de Palestina nun vídeo que mestura flamenco e terroristas
O ministro de Exteriores israelí comparte na súa conta de X as imaxes coa mensaxe de "Hamas: Grazas España"
Tamén se dirixe no encabezado directamente ao presidente do Goberno: "Pedro Sánchez, Hamas agradécelle os seus servizos"
O ministro de Exteriores de Israel, Israel Katz, compartiu un vídeo en X no que aparecen imaxes de dous bailaores de flamenco intercaladas co ataque de Hamas do pasado 7 de Outubro, e no que se dirixe directamente ao presidente do Goberno coa mensaxe “Pedro Sánchez, Hamas agradécelle o seu servizo”.
O dirixente israelí difundiu vídeos das mesmas características con música folclórica de Irlanda e Noruega, os dous países que canda España van recoñecer o Estado palestino o martes desta próxima semana.
No vídeo, que dura 18 segundos e que empeza coa bandeira de España, aparece escrito "Hamas: Grazas España", con música flamenca de fondo e tomas de milicianos de Hamas empuñando armas ou disparando. Tamén hai imaxes do ataque do 7 de outubro no festival de música electrónica de Israel, preto da Franxa de Gaza, cando Hamas irrompeu na celebración.
A mensaxe foi publicada apenas un día despois das críticas que tamén transmitiu Israel este sábado contra as palabras da ministra de Defensa española. Margarita Robles cualificou este sábado como “auténtico xenocidio” a invasión israelí en Gaza, que xa deixou preto de 36.000 mortos.
Horas despois, a Embaixada de Israel en España lamentou que Robles fixese “seu o relato falso e infundado da organización terrorista Hamas”.
A circulación destes vídeos nas redes sociais intensificouse por mor do anuncio de España, Noruega e Irlanda da súa decisión de recoñecer o estado Palestino o próximo 28 de xuño.
.@sanchezcastejon, Hamas thanks you for your service. pic.twitter.com/Pkdp5diHRX
— ישראל כ”ץ Israel Katz (@Israel_katz) May 26, 2024