Javi Manquillo, a segunda fichaxe no mercado invernal do Celta
Javi Manquillo, a segunda fichaxe no mercado invernal do Celta
O lateral levaba desde o xoves en Vigo
Chega procedente do Newcastle, onde tivo pouca participación na última temporada e media
Levaba Javier Manquillo desde o xoves en Vigo pero non foi ata o domingo cando se fixo oficial a súa fichaxe. Un lateral dereito que coñece ben Benítez porque coincidiron no Newcastle. No club inglés estivo os últimos anos aínda que na última campaña e media apenas puido xogar polos problemas físicos.
Na comparecencia do sábado o adestrador vigués falou do novo xogador do Celta. Foi unha petición súa, sabe que non está para actuar de xeito inmediato pero que, a longo prazo, pode ser unha opción moi interesante para o conxunto vigués. Benítez coñece á perfección o seu estado físico e confía en que, facendo unha preparación rápida, poida axudar o equipo nesta temporada.
O lateral dereito era unha das prazas a reforzar. Alí estaba empregando a Kevin ou a Mingueza, aínda que o catalán actuou en moitos partidos como centrocampista.