Publicador de contidos
Publicador de contidos

A galega Jessica Bouzas fai historia: derrota a campioa de Wimbledon na pista central

A galega Jessica Bouzas fai historia: derrota a campioa de Wimbledon na pista central

A tenista galega estreouse con vitoria sobre a herba da central ante a checa Vondrousova por 6-4 e 6-2

Jessica: "É un dos momentos máis importantes da miña vida e da miña carreira. Isto é incrible"

Foto EFE
G24.gal 02/07/2024 16:18 Última actualización 02/07/2024 16:26

A primeira vitoria en Grand Slam, en Wimbledon e na pista central non podería ser mellor para Jessica Bouzas, que dobregou á vixente campioa do torneo, Marketa Vondrousova, na primeira gran sorpresa do torneo (6-4 e 6-2).

Contra todo prognóstico e no que seguramente sexa o mellor partido da súa carreira deportiva, Bouzas derrubou a toda unha campioa de Wimbledon, que hai un ano coroouse nesta pista ante Ons Jabeur. A de Pontevedra, sen nada que perder, pero moito que gañar, como demostrou cos seus continuos "Imos!" ante a campioa, deixou xeada á checa, incapaz de aguantar os intercambios, de apoiarse no seu servizo e de atopar o torrente de gañadores cos que reinou sobre a herba hai un ano.

Nin sequera xogar baixo teito, o que normalmente favorece os pegadores, axudou a checa, que exhibiu porcentaxes por baixo do 60 % co servizo, unhas pobres estatísticas coas que hai que estar moi ben desde o fondo para poder ter oportunidades nesta pista.

Jessica pechou o partido cun golpe paralelo espectacular que bicou a liña e púxose a chorar no seu banco.

Na bancada saltaba de alegría a súa familia e Anabel Medina, presente.

 

"É un dos momentos máis importantes da miña vida e da miña carreira. Isto é incrible", dixo Bouzas, que se enfrontará a Cristina Bucsa ou Ana Bogdan en segunda rolda.

"Estou sorprendida comigo mesma. Ao principio estaba nerviosa, logo pasóulleme, estaba cómoda aquí. Estaba como na casa", engadiu a de Pontevedra.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos