Publicador de contidos
Publicador de contidos

Juan Copa consegue o galardón de mellor adestrador da OK Liga

Juan Copa consegue o galardón de mellor adestrador da OK Liga

O técnico coruñés do Liceo conségueo por segunda temporada consecutiva

G24.gal 03/07/2023 19:21

No Hockey sobre patíns, Juan Copa foi elixido mellor adestrador da temporada na Ok liga. O técnico do Liceo foi o máis votado por un xurado formado por xornalistas e técnicos das seleccións españolas de Hockey sobre patíns.

É o segundo recoñecemento consecutivo para o coruñés, que xa o lograra o ano pasado tras proclamarse campión de liga. Malia non lograr ningún título esta temporada, o xurado valorou a capacidade para rearmar un cadro de xogadores practicamente novo e chegar a ser finalista da Copa do Rei e ao playoff polo título.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar