Lembramos con Sergi Quintela a última vitoria do Breogán sobre o Barça, que viviu sendo neno

Unha grande actuación de Charlie Bell levou os lugueses á súa terceira e última vitoria contra os blaugrá en 2005

Mañá o Barça visita o Pazo na Liga ACB

G24.gal 04/11/2023 16:30

En febreiro de 2005, o Breogán derrotaba por terceira e última vez o Barcelona, cunha actuación estelar do seu número 42, Charlie Bell. 

Na bancada, presenzando o partido, disfrutaba un rapaz de oito anos que, co mesmo dorsal nas costas, tentará repetir a fazaña. Trátase de Sergi Quintela, que por un día, quixo lembrar aqueles soños de neno: "A verdade é que, deixando a un lado os asentos, que quedan bastante ben, volver a bancada onde vía os partidos coa miña familia é algo que produce un pouco de morriña".

Desde ese lugar de privilexio, Sergi recorda o que foi ese partido e o que o influiu na súa carreira. "Si que é certo que a espectacularidade de Charlie Bell, que facía cousas que non se vían, xunto coas paixóns do meu irmán, que sempre os maiores tiran dos pequenos, fixeron que me enganchara o baloncesto. Lembro o mate que fixera, que de feito está colgado no corredor dos vestiarios, lembro pequenas xogadas e momentos puntuais. Tiña unha capacidade anotadora e unha superioridade na que non necesitaba o físico, incrible".

Nas dúas últimas temporadas, Sergi e o Breogán xa acariñaron o triunfo, pero acabaron perdendo por diferenzas mínimas. O escolta lucense ten a chave para mudar a dinámica. "Crer en todo momento que temos as nosas posibilidades".

E é que como titulaban os xornais, non sería a primeira vez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade