Publicador de contidos
Publicador de contidos

Lucas Pérez chegou, viu e venceu

Lucas Pérez chegou, viu e venceu

Marcou dous goles no 3-0 do Deportivo ante o Unionistas

G24.gal 09/01/2023 16:02 Última actualización 09/01/2023 16:11

Era día oito, pero era o día do sete. Como aquel emperador romano, Lucas chegou, viu e venceu. Con el volveu a onda a Riazor, como nos mellores tempos

Non foi chegar e encher. Unionistas opuxo resistencia ata que, á volta do descanso, un pase gourmet de Soriano deixou a Lucas nun man a man co porteiro Salva. A resolución, de primeira, á altura do executor.

Aberta a lata, o goleador quixo devolverlle o favor ao asistente. Puido resolver por si, pero desta volta estivo tan xeneroso como desatinado no servizo.

A seguir, unha man fóra da área deixou fóra de combate ao porteiro Salva e achaioulle o camiño o Deportivo. Cun máis e espazo para correr, unha carreira de Rubén Díez provocou un penalti de Mario Gómez. Puido patear Lucas pero cédelle o coiro a Quiles para que faga cunha picadiña o seu oitavo gol na Liga.

O destino aínda lle gardaba unha chiscadela ao coruñés. Gran xogada individual de Zalazar no engadido, pase atrás e lategazo á rede do home do día. A dobre ou nada, Lucas sempre sobe a aposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos