Lucas Pérez: "Veño ao proxecto máis difícil da miña carreira"
Lucas Pérez: "Veño ao proxecto máis difícil da miña carreira"
Na súa presentación, o dianteiro coruñés asumiu a presións que cae sobre as súas costas tras fichar no Deportivo
Esta tarde, Lucas Pérez foi presentado polo presidente do Deportivo. O coruñés amosouse moi responsabilizado:
"Moi contento, feliz de volver á cidade. Veño ao proxecto máis difícil da miña carreira. Intentarei devolver o equipo da miña cidade á liga profesional. Moi concienciado".
Ao ex-xogador do Cádiz preguntáronlle sobre o insólito do seu caso... poñer cartos para xogar no Dépor:
"De cartos non vou falar. Non me gusta, síntome baleiro a nivel persoal. Insólito? Eu volvo á casa, onde agardo vivir o meu último treito e espero que sexa bo para o equipo".
Lucas asume a presións que cae sobre as súas costas tras fichar no Deportivo:
"Sei que teño presión... quéroa pero imos estar tranquilos. Quero axudar, oxalá con moitos goles"
Lucas Pérez iniciou este martes a súa cuarta etapa no Deportivo, ao que se incorpora no mercado invernal traspasado polo Cádiz. O Deportivo anunciou a súa fichaxe o 31 de decembro e Lucas, que baixa voluntariamente dúas categorías -mesmo poñendo diñeiro do seu peto-, tentará axudar ao equipo da súa cidade e o seu corazón para ascender a Segunda División.
Lucas vestiu por primeira vez a camiseta do Deportivo na máxima categoría do fútbol español na tempada 2014/15 cedido polo PAOK de Salónica grego.
A seguinte campaña regresou en propiedade ao Deportivo, que un ano despois de vendeuno por 20 millóns de euros ao Arsenal inglés e volveu un curso máis tarde cedido desde Londres. Agora, inicia a súa cuarta etapa como branquiazul, a catro partidos do centenar co Deportivo, ao que só defendera en Primeira División.
A Tribuna de Riazor estivo chea na presentación de Lucas Pérez. No final do acto apareceron a bágoas emocionadas do dianteiro coruñés