Luisito: "O resultado queda curto e puido ser máis avultado"
Luisito: "O resultado queda curto e puido ser máis avultado"
O técnico de Teo analizou o partido máis espectacular desta xornada na Terceira galega
Do gusto de afeccionados pero quizais non tanto de adestradores, o encontro do Manuel Candocia foi unha montaña rusa de emocións, goles e tensión futbolística. Luis Míguez 'Luisito' contoulle ao Galicia en goles as súas sensacións.
"Xa dixera na previa que sería un bo partido porque somos dous grandes equipos, que nos gusta tocar o balón... pero o que non contaba era con isto. O primeiro gol é fallo noso, pero o porteiro é humano e désculpoo. O que non entendo son os outros dous. Non poden meternos eses goles. Troquei de sistema e de futbolistas. Saíu ben, pero os méritos son dos futbolistas. Sacamos o carácter que teñen. Con todos os respectos para o Somozas, creo que o resultado quedou curto e podía ser máis avultado".