Publicador de contidos
Publicador de contidos

Manolo Blanco: "Seguiremos loitando o ano que vén"

Manolo Blanco: "Seguiremos loitando o ano que vén"

O Galicia en goles conversou co presidente, o técnico e as xogadoras do Burela tras a derrota en Navalcarnero

G24.gal 25/06/2022 22:39

Dous anos despois o conxunto da Mariña volveu perder un título. Foi ante o seu gran rival nos últimos anos, o Navalcarnero. A Radio Galega estivo alí presente e conversou con todos os protagonistas. O técnico Julio Delgado analizou o encontro.

"Aguantamos moito, igualamos dúas veces, pero tras o descanso o cuarto gol foi decisivo. Non estivemos cómodas pero hai que sacar o sombreiro con estas xogadoras, con todo o que levan acadado. Da arbitraxe non vou falar, é momento de destacar o noso traballo"

 

Entre as xogadoras, Samper e Peque foron dúas das que pasaron polo micrófono de Roberto Carlos Carballo. A capitá foi clara.

"Ata que as pernas me dean, serei burelá. Con esta xente, con todo o esforzo que fai por nós, non podo pensar noutra cousa"

Por último pasou o presidente Manolo Blanco que confía en seguir traballando para retornar á senda do triunfo.

"Este equipo ten moita calidade, e mellorar é difícil pero imos tentar seguir construíndo un equipo para loitar o ano que vén. Somos un club gañador"

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos