Marián Mouriño e a continuidade de Giráldez: "Os dous queremos, vai ser doado o acordo"
Marián Mouriño e a continuidade de Giráldez: "Os dous queremos, vai ser doado o acordo"
Tamén confirmou que Marco Garcés traballa nas renovacións de Aspas e Mingueza e agarda que o Celta poida facerlle fronte ao Real Madrid
Quen agarda con confianza a visita do Real Madrid é a presidenta, Marián Mouriño. E tamén agarda o inminente acordo para a renovación de Claudio.
"Imos avanzando na renovación de Claudio. El quere, nós queremos. Non me preocupa, vai ser doado".
A presidenta non deixou demasiadas pistas sobre a negociación para a continuidade de Mingueza e Iago Aspas aínda que é unha prioridade para o club.
"É unha parte que leva máis Marco Garcés, estamos con elas".
Tamén agarda que o Celta poida facerlle fronte a todo un Real Madrid e brindarlle un triunfo á afección.
"Daremos moita guerra, veremos un partido moi bonito. Sempre imos con ganas de gañar".