Mario Soriano marcha ao Éibar co reproche do Deportivo
Mario Soriano marcha ao Éibar co reproche do Deportivo
O club asegura que non quere xogadores "que non estivesen comprometidos ao cento por cento en devolver o equipo ao fútbol profesional"
No Deportivo facían oficial a saída de Mario Soriano. Nun duro comunicado, o Deportivo di que tras facer chegar unha importante oferta de renovación a Mario Soriano, o xogador madrileño decidiu non continuar no club branquiazul.
Segundo o Deportivo, o futbolista desexaba tomar outro camiño na súa traxectoria profesional nun equipo de categoría superior. Sinalou o club que non quería xogadores "que non estivesen comprometidos ao cento por cento en devolver o equipo ao fútbol profesional".
Mario Soriano despediuse nas súas redes do deportivismo co desexo de volver o próximo ano. O Éibar anunciou que o xogador chega cedido ao club ata final da temporada.