Publicador de contidos
Publicador de contidos

Mbappe marca, pero o que decide é Rudiger

Mbappe marca, pero o que decide é Rudiger

O Real Madrid pasouno mal para gañarlle ao Stuttgart (3-1) grazas a unha cabezada do central no minuto 83

G24.gal 17/09/2024 22:43

O Real Madrid pasouno moi mal na estrea da nova Liga de Campións ante o Stuttgart, pero, como é habitual, acabou conseguindo o triunfo (3-1). Mbappe marcou, pero o que decidiu foi Antonio Rudiger cun tanto a sete minutos do noventa. 

O primeiro tempo dos brancos resultou calamitoso. O Stuttgart gozou de innumerables ocasións para marcar e só a inspiración de Courtois evitou un resultado negativo ao descanso. Pero á volta do vestiario apareceu Mbappe, que aos 20 segundos xa tiña marcado o seu primeiro gol europeo co Real Madrid. 

O nivel de xogo non mellorou e o Stuttgart conseguiu empatar nunha xogada de córner transformada por Undav. Nesta Champions na que hai que sumar o maior número de puntos posibles non se podían permitir un tropezo os de Ancelotti e chegou o momento de Rudiger, que rematou un córner no 83. Os alemáns botáronse arriba e iso aproveitouno Endrick no último segundo do partido para marcar cun gran lanzamento desde a frontal. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos