Publicador de contidos
Publicador de contidos

Medina Cantalejo: "Non hai probas para dicir que un árbitro é deshonesto"

Medina Cantalejo: "Non hai probas para dicir que un árbitro é deshonesto"

O presidente do Comité Técnico de Árbitros (CTA) afirmou que "o dano está feito"

Foto EFE Foto EFE
G24.gal 02/03/2023 16:31 Última actualización 02/03/2023 16:37

O presidente do Comité Técnico de Árbitros (CTA), Luís Medina Cantalejo, asegurou que "non hai ningunha evidencia, nin proba que poida dicir que un árbitro é deshonesto" e explicou que trasladou ao departamento de integridade a información solicitada na investigación interna relacionada co caso Negreira: 

"Quen ten maior interese en que isto se aclare e que se hai culpables se lles castigue co máximo rigor somos os árbitros, se houbo algo imputable a persoas que no seu momento pertenceron a esta casa e aproveitando a súa posición lucráronse e tiveron actuacións fóra do proceder da arbitraxe española", dixo.

Medina Cantalejo insistiu en que "o dano está feito" e que os árbitros teñen que seguir traballando, seguir adestrando, sacar adiante os partidos e "poñerse á disposición das institucións, tanto do departamento de integridade da Federación, como da Fiscalía ou calquera entidade que o pida".

"Eu non son un corrupto e vós non sodes corruptos. Isto que pasou é unha vergoña e hai que limpala. Imos loitar ata o final para que cada un quede no seu sitio", engadiu Medina Cantalejo, que explicou que unicamente un árbitro, cuxa identidade non desvelou, non enviou a información que se lle solicitou dentro da investigación interna que levan a cabo o CTA e a RFEF.

Medina Cantalejo participou este xoves nunha comparecencia xunto ao secretario xeral da RFEF, Andreu Camps, na Cidade do Fútbol, en presenza de árbitros en activo e retirados para informar sobre a súa actuación tras coñecerse que a Fiscalía de Barcelona investiga a unha empresa do exvicepresidente do comité José María Enríquez Negreira, por un presunto delito de corrupción entre particulares, por uns pagos de 1,4 millóns do Barcelona entre 2016 e 2018.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos