Publicador de contidos
Publicador de contidos

Miguel Rodríguez loce as súas novas cores do Utrecht

Miguel Rodríguez loce as súas novas cores do Utrecht

O dianteiro redondelán marcha cedido á procura de protagonismo nos Países Baixos

G24.gal 05/07/2024 22:36

O dianteiro redondelán do Celta, Miguel Rodríguez, xa loce as cores do Utrecht, equipo dos Países Baixos co que xogará como cedido a vindeira temporada. Miguel, un dos mellores goleadores nas categorías inferiores do club vigués, non estaba a ter o protagonismo desexado e buscará mellor sorte nunha liga diferente, na que xa xogou en calidade de cedido Lobete hai dúas campañas. 

Despois dunha aparición con forza no primeiro equipo no treito final da temporada 22-23 Miguel Rodríguez afrontaba a 23-24 con moita ilusión. Plenamente integrado no primeiro equipo quería ter importancia no aspecto ofensivo do equipo pero non logrou asentarse nin no equipo titular nin como unha rotación importante. Só xogou 15 partidos, 2 deles como titular e non chegou aos 300 minutos en todo o campionato de Liga sen conseguir anotar ningún gol. Tampouco a chegada de Claudio Giráldez mellorou a súa situación. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos