Publicador de contidos
Publicador de contidos

Milei di que Sánchez e Zapatero son "a tortura que teñen os pobres españois"

Milei di que Sánchez e Zapatero son "a tortura que teñen os pobres españois"

O presidente da Arxentina asegura ante centos de políticos latinoamericanos de extrema dereita que hai que acabar dunha vez por todas co "lixo do socialismo"

G24.gal 05/12/2024 08:26

O presidente da Arxentina Javier Milei dixo este mércores na Conferencia de Acción Política Conservadora (CPAC) que o presidente do Goberno español Pedro Sánchez e o expresidente José Luis Rodríguez Zapatero son "a tortura que teñen os pobres españois".

"Hai que acabar dunha vez por todas co lixo do socialismo", asegurou ante centos de simpatizantes arxentinos e estranxeiros de extrema dereita reunidos na CPAC Arxentina 2024.

No seu discurso de clausura, Milei falou da importancia de dar a "batalla cultural", porque, ao seu xuízo, "os socialistas, caído o muro da vergoña, do terror e o sangue, avanzaron sobre terreo virxe porque a alguén se lle ocorreu dicir que a caída do muro era a fin da historia".

"Metéronsenos nas universidades, nos medios de comunicación, na cultura; e como non tiñan rival gañaron a batalla cultural. Foron exitosos politicamente", indicou. O mandatario arxentino proferiu insultos contra Michelle Bachelet, Pepe Mujica, Tabaré Vázquez e Lula da Silva, entre outros. De Zapatero e Pedro Sánchez dixo que son "a tortura que teñen os pobres españois".

Fronte a estes políticos, Milei situou outros mandatarios como Donald Trump, que, ao seu xuízo, deron  a oportunidade de que se respiren "novos tempos de liberdade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade