Publicador de contidos
Publicador de contidos

As novas autoridades sirias nomean un primeiro ministro provisional

As novas autoridades sirias nomean un primeiro ministro provisional

Antón Montero 10/12/2024 19:20 Última actualización 10/12/2024 21:26

Mohamed al-Bashir era ata onte gobernador de Idlib, unha das poucas rexións sirias que durante estes anos permaneceu en mans dos insurxentes. Desde este martes e durante 3 meses dirixirá o primeiro Goberno tras a caída da ditadura.

Acordárono co último xefe de goberno de Bachar al-Asad e nunhas conversas lideradas polo xefe militar dunha das principais milicias rebeldes, a islamista Hayat Tahrir al-Sham.

A primeira decisión do novo executivo foi ordenar a disolución das diferentes milicias e anular as leis antiterroristas ditadas polo anterior réxime. Foron as leis que levaron a encarcerar milleiros de opositores durante os 24 anos de goberno de Bachar al-Asad.

Moitas familias buscan nas prisións do réxime noticias dos seus: na máis sinistra, a de Sednaya, crese que desapareceron entre 10.000 e 20.000 persoas. Este martes atoparon alí medio cento de cadáveres. 

En Damasco, a normalidade volve con sorprendente rapidez. Este martes reabriu o Banco Central, e en poucos días volverá haber voos comerciais.

Na fronteira con Turquía continúa o goteo de refuxiados. De momento están volvendo a un ritmo de 500 diarios, unha cifra que se prevé que se multiplique. En Turquía hai 3 milllóns de refuxiados sirios, e case 6 espallados polo mundo. 

Pero a fronteira que máis preocupa é a de Israel. O ministro de Defensa hebreo desmentiu que as súas tropas estean ocupando territoriosirio. Din que as súas incursións se limitan á zonadesmilitarizada.

O que si admitiron foi a destrución da frotamilitar siria, ademais de aeródromos e instalacións militares paraimpedir que as armas caian en mans dos rebeldes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade