Días de euforia e incerteza en Siria tras a caída de Al Asad
Días de euforia e incerteza en Siria tras a caída de Al Asad
En Damasco, apertas e disparos ao aire para celebrar a caída de Al Assad, e as milicias xihadistas mostran o armamento capturado ao exercito sirio. Os cidadáns asaltan o palacio presidencial. A apertura da prisión de Sednaya permitiu a saída de miles de prisioneiros.
O cárcere de Sednaya é un dos símbolos do réxime de Al Assad. Coñecíase como "o matadoiro humano" polo seu historial de torturas e execucións masivas. No interior atopáronse celas cheas de familias, mulleres e nenos. Son días de euforia en Siria.
Pero tamén tempos de incerteza ante o que poida pasar. O rostro da vitoria é Al Julani, con pasado en Al Qaeda, polo que Estados Unidos ofrece unha recompensa de dez millóns de dólares e líder dunha organización islamista sunnita cualificada como terrorista por Occidente. Nestes días de euforia, Al Julani, tenta mostrar unha imaxe de moderado. Pensa nun goberno baseado en institucións e nun consello elixido polo pobo.
Pero detrás da oposición, hai varios grupos aos que se unía a caída de Al Asad. Agora, islamistas, laicos e kurdos, cada grupo coas súas pretensións, deben poñerse de acordo. E mentres, Rusia, Irán, Turquia ou os Estados Unidos tamén teñen moito que dicir sobre o futuro de Siria.