Publicador de contidos
Publicador de contidos

Pilar Alegría quítalle ferro ao que considera unha "polémica artificial" con Notre Dame

Pilar Alegría quítalle ferro ao que considera unha "polémica artificial" con Notre Dame

G24.gal 10/12/2024 15:04

A ausencia do rei Filipe VI e o ministro de Cultura, Ernest Urtasun, na reapertura da catedral de Notre Dame á que foran convidados xerou "malestar" no Ministerio de Asuntos Exteriores, que non foi informado de antemán, segundo recoñeceron fontes gobernamentais.

Namentres, a ministra portavoz tratou de quitarlle ferro ao que considerou que é "unha polémica certamente artificial", respondendo en nome do Goberno na rolda de prensa posterior ao Consello de Ministros.

"As invitacións que se formulan para este evento son nominais e intransferibles", neste caso concreto desde o presidente francés, Emmanuel Macron, ao rei Filipe VI e á ministra de Cultura ao seu homólogo, Ernest Urtasun, explicou.

Ambos non asistiron "por cuestións de axenda que se entenden", engadiu a portavoz, en referencia ao feito de que tanto a Casa do Rey como Urtasun declinaran a asistencia, insistindo en que é unha polémica "certamente artificial".

Fontes gobernamentais aclararon que o Ministerio de Asuntos Exteriores non foi informado nin por Zarzuela nin por Cultura de que se recibiron invitacións e que se declinou a asistencia, o cal xerou un certo "malestar".

Así mesmo, recoñeceron que no caso da Casa do Rei é algo que xa pasou nalgunha outra ocasión no pasado. Precisamente, Albares acompañará aos Reis na visita de Estado que levarán a cabo en Italia desde esta tarde e ata o vindeiro xoves, o que podería brindar a oportunidade para tratar o asunto.

Polo que se refire ao Ministerio de Cultura, fontes gobernamentais indicaron que Albares falou por teléfono con Urtasun e aclararon o malentendido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar