Publicador de contidos

Publicador de contidos

Lección de fútbol do Mirandés ao Rácing (4-1)

Lección de fútbol do Mirandés ao Rácing (4-1)

Houbo unha tímida reacción co gol de Perea, pero o líder provisional da Segunda foi moi superior

G24.gal 14/02/2025 21:41 Última actualización 14/02/2025 22:36

O Rácing comezou moi dubitativo no partido. Aos 7 minutos Naldo tocou un balón na área coa man. Despois da revisión polo VAR a colexiada asubiou un penalti que transformou Izeta. Aos 23 minutos, un centro pasado cabeceouno Reina á rede poñendo o 2-0. 

Para colmo de males Raúl Blanco mancábase e tiña que ser substituído por Héber Pena. Seguía chegando o Mirandés pero foi o Rácing o que recurtou diferenzas cun gran remate de cabeza de Perea á saída dun córner. 

Entraron na segunda parte Insúa e Cabaco pero o Rácing non reaccionou. Só no balón parado xerou algunha oportunidade. Pola contra o Mirandés chegaba con moito perigo, lanzou un remate ao pau e no 62 Panichelli anotaba o 3-1. 

Baixou os brazos o equipo galego despois dese terceiro tanto e o Mirandés atopou ocos na defensa departamental para seguir creando ocasións e marcou o definitivo 4-1 no engadido cun gol de Butzke. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos