Mouriz, sobre a marcha de Vadillo a Cádiz para recuperarse: "Foi unha decisión miña"
"Cando non dás saído das lesións, o mellor é que te trate a túa persoa de confianza", comentou o Director Deportivo do cadro ferrolán
Carlos Mouriz explicou o porqué da marcha de Alvaro Vadillo a Cádiz para recuperarse da súa lesión de xeonllo. A inhabitual medida foi consensuada por ambas as partes. O director xeral do Racing asegurou en todo momento que o comportamento do futbolista gaditano foi impecable e que obtivo a autorización absoluta do club para que fose tratado polos seus médicos de confianza. Non hai prazos marcados para a súa recuperación.
Mouriz tamén falou dos terreos da futura cidade deportiva. De momento, non hai localización, pero "evoluciona favorablemente". Carlos Mouriz dixo que lles gustaría "ir correndo pero non estamos parados, que non é pouco".