Nace o Proxecto Breogán para producir en Galicia combustibles sintéticos para a aviación
Nace o Proxecto Breogán para producir en Galicia combustibles sintéticos para a aviación
A galega Greenalia e a alemá P2X asinaron esta mañá o acordo de colaboración
A nova planta producirá combustibles verdes a partir do CO2
A galega Greenalia e a alemá P2X asinaron esta mañá un acordo que senta as bases para a posta en funcionamento dunha planta de produción de combustibles sintéticos destinados á aviación.
"O que imos facer é captar o CO2 da planta de biomasa que temos funcionando hoxe en día no polígono de Curtis-Teixeiro, e iso ímolo utilizar xunto coa produción de hidróxeno para producir un efuel que vai ir destinado principalmente para a aviación", explica Manuel Garcia, director executivo de Greenalia.
A idea é que a planta que se vai instalar tamén no polígono de Curtis-Teixeiro entre en funcionamento a finais do 2026 cunha produción anual de 20.000 toneladas de fuel. Creará sobre 150 empregos directos e servirá de catalizador a outras empresas do sector.
"Galicia atópase nunha posición única para converterse nun importante produtor de hidróxeno verde e derivados coma o efuel a grande escala", indica Chrlistoph Weber, codirector executivo de P2X.
"Dende ese punto de vista Galicia aspira a ter un polo enerxético innovador que nos permita avanzar na descarbonización de todos os nosos procesos industriais e que dende o punto de vista enerxético poidamos ser unha referencia a nivel internacional e dende logo o acordo de Greenalia e P2X é un salto cuantitativo e cualitativo dende o punto de vista dese posicionamento", apunta Francisco Conde, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía.