Publicador de contidos
Publicador de contidos

Maduro e Edmundo González pechan a campaña en Venezuela convencidos da vitoria

Maduro e Edmundo González pechan a campaña en Venezuela convencidos da vitoria

Nicolás Maduro nun acto electoral en Caracas Nicolás Maduro nun acto electoral en Caracas
G24.gal 26/07/2024 04:00

O chavismo e a oposición maioritaria de Venezuela, agrupada na Plataforma Unitaria Democrática (PUD), reuniron este xoves miles de simpatizantes como unha demostración das súas forzas, no peche de campaña electoral para os comicios presidenciais do domingo.

A tan só tres días das eleccións para a presidencia da nación caribeña, tanto chavistas como opositores mobilizáronse en distintas zonas de Caracas, en que os principais candidatos —o presidente Nicolás Maduro e o exembaixador Edmundo González Urrutia— fixeron os últimos chamados a votar polos seus proxectos políticos.

Maduro, quen dixo sentirse orgulloso de encher varias avenidas da capital venezolana, pediu aos cidadáns pensar ben o voto que emitirán o domingo nos comicios, nos que busca a súa segunda reelección.

"Pensen ben, pola súa familia, polo seu emprendemento, polo seu comercio, pola súa empresa, polo seu traballo, quen dos dez candidatos garante a paz e a estabilidade de Venezuela", dixo o mandatario fronte a unha multitude de simpatizantes.

Ao mesmo tempo, asegurou contar cunha "nova maioría" que o apoiará nas eleccións, e tamén que o chavismo, no poder desde 1999, se mantén unido, "sen unha soa fisura, como un só bloque de forza".

Á vez, miles de opositores acompañaron a González Urrutia e a líder antichavista María Corina Machado, principal valedora do abandeirado da PUD, nunha caravana por varias rúas do leste de Caracas, considerado o seu bastión histórico.

Nun breve discurso, o exembaixador convidou os venezolanos a votaren para comezar o "camiño da reconciliación" e a "reconstrución institucional" de Venezuela, unha proposta que repetiu ao longo da campaña electoral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade