Noia e Burela afrontan unha tempada ilusionante na LNFS
Noia e Burela afrontan unha tempada ilusionante na LNFS
Os dous equipos enfrontáronse na pretemporada e seguen a progresar na preparación
O Noia Portus Apostoli e o Pescados Rubén Burela quentan motores para afrontar a nova temporada na Primeira División. O conxunto de David Palmas e Manu Cossío impúxose aos lucenses por 3 goles a 1 nun partido amigable en Bertamiráns e no que os afeccionados puideron ver en acción a moitas das novas fichaxes, coma Rubi que debutou co Noia. Un equipo o Portus Apostoli que fixo unha renovación importante no seu cadro con seis incorporacións cas que David Palmas está moi satisfeito.
David Rial espera que os novos xogadores do Burela axuden ao equipo na súa volta a categoría raíña. O obxectivo final dos dous cadros galegos é evitar o temido descenso e para conseguilo saben que non poder errar. Esforzo, traballo e moita ilusión pra gozar do mellor fútbol sala co Noia e o Burela.