Publicador de contidos
Publicador de contidos

O amigable contra o Arteixo serve para homenaxear a Arsenio e Scaloni

O amigable contra o Arteixo serve para homenaxear a Arsenio e Scaloni

O seleccionador arxentino recibiu a ovación de Riazor no tempo de lecer

O Deportivo gañou no segundo amigable por 6-0

G24.gal 01/08/2023 21:12

O Deportivo aproveitou o amigable diante do Atlético Arteixo para homenaxear a Arsenio Iglesias e a Lionel Scaloni que se atopa pasando uns días na Coruña e recibiu o agarimo dos 8.000 espectadores que se achegaron a ver o encontro. 

O resultado era o de menos, máis alá dun partido no que Idiákez lle deu minutos a todos os xogadores dispoñibles e presentou dous equipos distintos. Ao descanso o resultado era de 4-0 con tantos de Lucas (2), Yeremay e o fabrilista Tim Caroutas. 

Na segunda metade o xogador que tivo acerto foi Barbero que anotou os dous goles restantes. Ao final un 6-0 e seguir acumulando sesións de traballo. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos