A batería acabóuselle ao Breogán no último cuarto (73-80)
A batería acabóuselle ao Breogán no último cuarto (73-80)
Gran partido dos de Mrsic durante os tres primeiros cuartos
No último período, o empuxe madidista fixo efecto e levaron a vitoria
O Pazo vestiuse de gala para recibir ao líder. Partido importantísimo para os lucenses para poder saír do descanso, e meter o seu eterno rival, o Obradoiro. Non puideron comezar mellor as cousas para os de Mrsic. Un excelente primeiro cuarto acabou cun resultado de 24-15, unha ampla vantaxe.
Un día máis na oficina para McLemore. Botou o equipo ás costas e, a pesar da reacción dos visitantes, conseguiu manter a vantaxe local grazas aos seus 14 puntos na primeira metade. O segundo cuarto foi outro cantar xa que os madrileños meteron unha nova marcha. Llul e Musa entoáronse, con 9 puntos cada un neste período. Conseguiron remontar, facendo un parcial de 18-24 pero non foi suficiente como para deixar o marcador ao seu favor. Os lucenses estaban conseguindo a épica e marcharon a vestiarios cun marcador a favor (42-39).
O terceiro cuarto comezou inmellorable para os lucenses chegando a poñerse 10 arriba no marcador. Pero o Real Madrid foi crecéndose co paso dos minutos, igualando o parcial do cuarto. Reflexo do que sería o último período do encontro. Igualdade máxima entre os dous equipos. Puxéronse por diante os visitantes a falta de 6:30 para o final (57-60) pero os de Mrsic non baixaron os brazos. Pero non aguantaron o ritmo. Os madrileños seguían subindo marchas, pero os lucenses xa non podía responder aos golpes. O paso dos minutos foron definitivos para que aumentase a vantaxe visitante, chegando a estar 5 por riba o Real Madrid. Ao final o marcador escapou ata o 73-80.