O Breogán perde co Granada un partido vital pola permanencia (74-92)
O Breogán perde co Granada un partido vital pola permanencia (74-92)
Os lucenses afúndense na clasificación ao perder un partido trascendental na loita da zona baixa
Os granadinos foron moi superiores durante todo o encontro
Nin os máis pesimistas pensarían que, nun partido de rivalidade directa polo descenso, en Lugo, o Río Breogán sería tan claramente superado polo rival. O Granada gañou ben no Pazo porque dominou todo o partido e incluso no final puido estirar as diferenzas ata os 18 puntos. Asegurou vitoria, e moi probablemente, o average particular.
Recibir 92 puntos fala da mala defensa breoganista, da que tirou proveito un ex, Scott Bamforth para facer dano con seis triplas, moitas delas cando se podía atisbar a reacción lucense. Foise ata os 24 puntos e estivo ben secundado por Wiley e Amine Noua.
No Breo, Moore e Hilliard estiveron ben parados, 9 e 8 puntos respectivamente. Edin Atic, un home chamado para outras funcións foi o máximo anotador con 11.
O partido converteuse nun vogar e contracorrente do Breogán. Cada indicio de reacción era dinamitado ao momento pola solidez do Granada. Derrota dolorosa, que afunde o Breogán na clasificación.