Publicador de contidos
Publicador de contidos

O capitán queda na casa: Álex Hernández renova co Leyma Coruña

O capitán queda na casa: Álex Hernández renova co Leyma Coruña

O base murciano cumprirá a súa cuarta tempada no conxunto coruñés

Con esta renovación, xa son catro os xogadores confirmados para o debut en ACB

Álex Hernández, nun partido co Leyma Coruña. BASQUET CORUÑA Álex Hernández, nun partido co Leyma Coruña. BASQUET CORUÑA
G24.gal 22/07/2024 11:18

Un capitán nunca abandona o seu barco. E Álex Hernández, como bo líder, segue unha tempada máis nas filas do Leyma Basquet Coruña. O murciano cumprirá a súa cuarta campaña vestindo as cores do cadro coruñés e fará historia ao ser o primeiro capitán do club na súa andadura na ACB.

O base buscará sumar ao equipo tanto dentro do campo como fóra del sendo un dos pesos pesados do vestiario e achegando a súa veteranía e a súa boa man. A pasada campaña entrou en rotación maioritariamente dende o banco de suplentes e mediou 2.4 puntos e 1.8 asistencias en 7.3 minutos.

Esta renovación súmase ás de Lundqvist, Diagne e Burjanadze, e é a cuarta confirmación do Leyma Coruña para o seu debut na ACB. Faltan moitos anuncios antes de comezar a andadura na máxima categoría, pero o proxecto colle forma, a falta de que se comecen a anunciar as novas fichaxes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos