Cargando resultados...
O Celta Fortuna perde a vantaxe nos últimos dez minutos (3-2)
O Celta Fortuna perde a vantaxe nos últimos dez minutos (3-2)
Escobar e o mexicano Emi Rodríguez marcaron os goles do filial vigués
O exdeportivista Cayarga completou a remonta do Real Unión de Irún
G24.gal
01/09/2024 20:32
O Celta Fortuna entrou nos últimos dez minutos por diante no marcador no campo do Real Unión de Irún pero non soubo manter a vantaxe e acabou perdendo por 3-2. Foi superior o equipo de Fredi Álvarez no primeiro tempo e conseguiu adiantarse cun penalti marcado por Jordi Escobar no 55.
Igualou Aranzabe para os vascos dez minutos despois pero volveu adiantarse o Fortuna cun tanto do mexicano Emi Rodríguez, na súa primeira titularidade da temporada. Gañaba o cadro vigués no 82 cando Sergio Benito igualou e no 85 o ex-xogador do Deportivo Berto Cayarga asinaba o tanto definitivo do partido.