Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta pechará a pretemporada diante do Compostela (martes, 20:00, G2)

O Celta pechará a pretemporada diante do Compostela (martes, 20:00, G2)

Benítez daralle minutos a aqueles xogadores que buscan gañar un oco no equipo titular

G24.gal 06/08/2023 18:35

O Celta rematará a pretemporada no Vero Boquete de San Lázaro. Acode a Santiago de Compostela para xogar diante do equipo local o Memorial Antonio Bermúdez. O encontro comezará ás 20:00 horas e verase na G2 e G24.gal/deportes. 

Benítez reservará aqueles xogadores que o domingo comezan a liga diante do Osasuna. O equipo que saíu de inicio contra o Wolfsburgo ten moitos papeis para disputar esa primeira cita ligueira. Así pois, o partido do Compostela preséntase como unha grande oportunidade para que xogadores que agora mesmo están un chanzo por detrás amosen as súas calidades. 

Kevin, Carlos Domínguez, Cervi, Hugo Sotelo, Dotor, Swedberg ou Paciencia semella que van gozar da meirande parte dos minutos. E hai un xogador no que se pousarán todas as olladas. Gabri Veiga non comezou ningún partido de inicio e esta pode ser a ocasión que teña de xogar máis minutos. Polo visto ata o de agora non acaba de ter acubillo na trama táctica de Rafa Benítez. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade