O Celta, premio da Cultura Galega na categoría de proxección exterior
O Celta, premio da Cultura Galega na categoría de proxección exterior
O Celta resultou gañador polo himno do centenario, Oliveira dos cen anos, de C. Tangana
O xurado dos Premios da Cultura Galega 2024 reuniuse hoxe en Santiago de Compostela para outorgar os recoñecementos desta edición.
A xuntanza, que tivo lugar na Cidade da Cultura de Galicia, estivo presidida polo conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos.
Ao remate da mesma, fíxose público o fallo nas distintas categorías propostas. O Celta resultou gañador en proxección exterior polo himno do centenario.
O Real Club Celta celebrou o seu centenario no 2023 e para conmemoralo pensou en
facer algo que o reconciliase coa súa masa social.
A resposta chegou polas redes sociais. O día que o artista de renome internacional
C. Tangana se postulou para asumir o reto de compoñer unha peza única e irrepetible,
o himno do R. C. Celta polo seu centenario, o club soubo que non podía deixar pasar
esta oportunidade.
Co audiovisual do himno 'Oliveira dos cen anos' buscaron trasladar que a identidade
non era só un obxectivo, senón un anhelo profundo: cada vigués e galego debía
sentirse parte do club. Quixeron facer o símbolo arraigado nunha cultura, nunha
lingua, nunha emoción, e lograron o reto cunha obra mestra. O artista C. Tangana
declarou que era unha carta de amor a Galicia, unha homenaxe á nosa cultura e
tradición.
Trátase dunha superprodución feita en Galicia que conseguiu traspasar fronteiras,
cunha gran repercusión e proxección exterior e con millóns de interaccións e reproducións en diferentes plataformas como YouTube o Spotify.