Cargando resultados...
O Celta prescinde dos servizos de Luís Campos como asesor deportivo
G24.gal
23/12/2023 20:33
O Celta anunciou nun comunicado que prescinde dos servizos de Luis Campos como asesor deportivo. O portugués levaba dirixindo a planificación deportiva do club desde marzo de 2022, pero sen estar presente no día a día.
Na súa primeira comparecencia como presidenta, Marián Mouriño xa afirmara que estaban a reconsiderar a planificación deportiva do club, e que a súa idea era que fose levada por unha persoa que estivese máis presente en Vigo.
Despois de anunciar o acordo para a súa desvinculación, o Celta anuncia que asinará proximamente un novo director de fútbol.
🔔 El RC Celta y Luis Campos separan sus caminos.
— RC Celta (@RCCelta) December 23, 2023