Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta presenta Galicia 360, un proxecto clave que quere "transformar a industria do deporte en Galicia"

O Celta presenta Galicia 360, un proxecto clave que quere "transformar a industria do deporte en Galicia"

Mouriño: "Haberá un investimento de 70 millóns e uns 200 postos de traballo. É exclusivamente a que ten a potestade para dicir se se pode realizar ou non"

"É a maior transformación da industria do deporte de Galicia"

Foto @RCCelta
G24.gal 16/03/2022 11:39

O presidente e máximo accionista do Celta, Carlos Mouriño, anunciou este mércores o lanzamento do proxecto “Galicia Sport 360”, o cal xa presentaron á Xunta porque, ao seu xuízo, “transformará a industria do deporte” na comunidade.

Carlos Mouriño: "Galicia Sport 360 servirá para facer un equipo de fútbol moito máis potente e moito mellor. Falamos dos topes salariais, se non temos ingresos recorrentes, é imposible mellorar no deportivo".

"Haberá un investimento de 70 millóns e uns 200 postos de traballo. É exclusivamente a que ten a potestade para dicir se se pode realizar ou non". "É a maior transformación da industria do deporte de Galicia".

"Podemos axudar a todos os equipos de Galicia a formarse mellor, buscar o profesionalismo, ese punto que hoxe notamos que falta no deporte. As nosas instalacións estarán abertas para calquera deportista de elite de calquera federación en Galicia".

"É un proxecto para toda Galicia. Imos ter innovación e formación, turismo deportivo e restauración, investigación, lecer, multideporte... e compromiso social na formación de deportistas e dos nosos canteiráns".

"Será un complexo tan importante e grande que só hai tres en Europa que se poden equiparar, un en París, outro en Londres e outro en Berlín. Nós, desde aquí, imos competir con eles e imos estar á súa altura".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos