Cargando resultados...
O Celta quere que Denis Suárez marche no mercado de inverno
O Celta quere que Denis Suárez marche no mercado de inverno
O Celta pon un prezo para a súa saída: cinco millóns de euros
G24.gal
29/11/2021 16:29
Dentro dun mes abre o mercado invernal e nese mercado estará Denis Suárez. É o desexo do Celta.
Quere que Denis abandone Balaídos. O seu contrato co Celta expira en xuño de 2023. Denis ten a confianza de Coudet, pero Carlos Mouriño teno sinalado e ensinoulle a porta de saída.
O Celta pon un prezo para a súa saída: cinco millóns de euros. Pero con Denis e coa súa contorna ninguén falou. Non hai contactos.