Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta recupera a Mingueza para enfrontarse ao Xirona

O Celta recupera a Mingueza para enfrontarse ao Xirona

"Non quero especular, eu quero ir a polos partidos desde o control" comentou Claudio Giráldez na previa do encontro

G24.gal 28/09/2024 15:41

O Celta volve xogar en Balaídos. Recibe este domingo ás dúas da tarde o Xirona logo da derrota do xoves pasado ante o Atlético de Madrid. Sen puntos, pero con boas sensacións. Os de Claudio Giráldez mostraron a boa imaxe dos partidos da casa. A falta de acerto no remate e a capacidade de resistencia dos de Simeone non lle permitiron ao equipo vigués seguir coa excelente xeira como locais.

Para o duelo ante o Xirona xa estará dispoñible Óscar Mingueza. O técnico celeste compareceu en rolda de prensa e afirmou que non vai cambiar o seu estilo malia o revés sufrido no último suspiro ante o Atlético.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade