Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta volve ao abrigo de Balaídos, onde se amosou infalible

O Celta volve ao abrigo de Balaídos, onde se amosou infalible

O Atlético de Madrid porá a proba o equipo de Giráldez (xoves, 21:00 horas)

G24.gal 25/09/2024 21:23

O Celta volve ao abrigo de Balaídos contra o rival máis potente do que vai de temporada, o Atlético de Madrid. Na casa o Celta conta os seus partidos por vitorias. Pero ten a materia pendente de recibir menos goles, o que lle está impedindo puntuar fóra da casa.

As rotacións son unha marca distintiva de Giráldez e máis nunha semana con tres partidos. Contra o Atlético de Madrid é baixa Mingueza pero o adestrador cre que podería reaparecer contra o Xirona. Por sorte recuperouse Manquillo xusto a tempo. Chega o Atlético de Madrid e non vai ser un xogo de nenos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade