Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Dépor Abanca comeza con ganas de reivindicarse

O Dépor Abanca comeza con ganas de reivindicarse

Irene Ferreras dixo que loitarán para non ser a Cincenta da Liga F e facer unha boa temporada

As xogadoras branquiazuis xa se adestran para preparar o novo curso

Foto de familia do Dépor Abanca no adestramento.
G24.gal 24/07/2024 14:19

O Dépor Abanca bota a andar para preparar a súa volta á máxima categoría nacional do fútbol feminino. A Liga F agarda por un cadro de xogadores con moitas caras coñecidas, ás que se lle suman nomes novos que reforzan o equipo. O obxectivo principal é claro. Manterse nunha división que medra ano a ano.

A adestradora, Irene Ferreras, sentouse diante dos medios de comunicación para analizar o punto de partido das súas pupilas. A madrileña está contenta co proxecto que están construíndo, e moi ilusionada coa última das incorporacións, que está a punto de cerrarse.

O Dépor Abanca xa encaixa pezas nunhas primeiras semanas, onde o máis importante para a adestradora é que as súas xogadoras se coñezan e comecen a entenderse entre elas. Despois comezará o táctico e o técnico para construír un grupo que se quite de enriba o nome de Cincenta e dea moita guerra.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos