Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo chega a un acordo con Mauro e Bebeto, que estarán en Riazor

O Deportivo chega a un acordo con Mauro e Bebeto, que estarán en Riazor

O club e os xogadores retomaron as conversas logo da negativa dos dous brasileiros a aceptar a primeira proposta de actos

G24.gal 29/07/2023 08:09

24 horas durou o desacordo entre Bebeto e Mauro Silva co Deportivo. O club non entendía o comunicado que sacaron os dous xogadores en que desbotaban estar o vindeiro 5 de agosto en Riazor para recibiren a homenaxe no Teresa Herrera que ía enfrontar o cadro coruñés co Bragantino, equipo de procedencia de Mauro Silva alá polo ano 1992. 

O Deportivo alegaba que o primero borrador de actos se trataba dunha proposta non definitiva e suxeita a negociación, esa que se abriu nas últimas horas e que permitiu o acordo para que as dúas estrelas aceptasen as condicións para estaren na Coruña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade