Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Deportivo despídese de David Mella ata a próxima tempada

O Deportivo despídese de David Mella ata a próxima tempada

O canteirán sofre unha lesión muscular que o manterá de baixa durante un período aproximado dun mes

Foto Deportivo Foto Deportivo
G24.gal 24/04/2025 16:23 Última actualización 24/04/2025 16:31

 O canteirán do Deportivo sofre unha lesión muscular na perna dereita que o manterá de baixa durante un período aproximado dun mes, polo que non volverá xogar no que queda desta Liga. Co equipo adestrado por Óscar Gilsanz virtualmente salvado en Segunda División, quedan por diante seis xornadas de competición nun campionato que finalizará a fin de semana do próximo 31 de maio e 1 de xuño.

Mella lesionouse no adestramento do mércores, cando sufriu molestias e tivo que retirarse aos vestiarios visiblemente preocupado. O xogador non participou na sesión deste xoves, senón que foi sometido a probas médicas que revelaron a importancia da doenza que padece na perna dereita, coa que golpea o balón.

Agora permanecerá uns días en repouso e, en función da súa evolución, iniciará un período de recuperación con vistas xa a chegar en perfectas condicións á próxima pretemporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade