Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Deportivo e o Racing volven ao traballo

O Deportivo e o Racing volven ao traballo

O cadro coruñés comeza con 25 xogadores e coa única novidade do regreso de Mario Soriano

O Racing citou dezaseis xogadores para pasaren as probas médicas

G24.gal 07/07/2024 20:08

Este luns comeza a funcionar o proxecto do Deportivo para a temporada 24-25. Haberá dous días de probas médicas e o primeiro adestramento será o mércores ás 10:30 na Cidade Deportiva de Abegondo. A única cara nova é a de Mario Soriano, que regresa despois da cesión ao Éibar da pasada temporada. Tamén haberá cinco xogadores que van ter ficha do Fabril: Rubén López, Martín Ochoa, Kevin Sánchez, Diego Gómez e Mario Nájera. Pablo Muñoz, que o ano pasado pertenceu ao primeiro equipo, terá este ano ficha do segundo equipo deportivista ao ser menor de 23 anos. 

O resto de xogadores son coñecidos: Eric Puerto, Parreño, Alberto Sánchez (porteiros), Ximo Navarro, Pablo Vázquez, Pablo Martínez, Jaime, Barcia, Iano, José Ángel, Villares, Hugo Rama, Yeremay, Davo, Cayarga, Lucas Pérez, Barbero e Alcaina. Mella, convocado coa selección sub19, non estará nos primeiros días de preparación. Durante os vindeiros quince días agárdanse movementos de entrada e saída de xogadores nas oficinas da Praza de Pontevedra para buscar a confección definitiva do cadro. 

Seis fichaxes no Racing

No Racing están chamados para o luns os xogadores que continúan da pasada campaña. A saber: Bernad, David Castro, Delmás, Moi Delgado, Señé, Manzanara, Nacho Sánchez, Brais Martínez e Álvaro Giménez. 

O martes será a quenda das novas facianas, os seis xogadores que incorporou a dirección deportiva; Jesús Ruíz, Yoel Rodríguez, Chiki, Álvaro Sanz, Puric e Aitor Buñuel. Tamén fará a pretemporada o xogador da canteira David Carballo, que xa foi convocado nalgún partido do primeiro equipo a pasada campaña. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos