Cargando resultados...
O Deportivo Liceo derrota o Arenys en Riazor (4-2)
O Deportivo Liceo derrota o Arenys en Riazor (4-2)
Foto: @manu_boutureira
G24.gal
28/01/2023 21:43
Na OK Liga o Deportivo Liceo mantense na segunda praza logo do seu triunfo ante o Arenys de Munt en Riazor por catro a dous.
O equipo coruñés resolveu nos primeiros quince minutos. Situouse cun favorable tres a cero no marcador que foi insalvable para o conxunto visitante, o penúltimo clasificado da competición. Pol Manrubia, César Carballeira e Arnau Canal marcaron os goles do conxunto liceísta.
Os de Juan Copa non forzaron a máquina e contemporizaron no resto do encontro. Lluc Vila fixo dous tantos para o equipo catalán e Carballeira un máis para o Liceo.