O Deportivo segue apostando pola experiencia coa contratación de Ximo Navarro
O Deportivo segue apostando pola experiencia coa contratación de Ximo Navarro
Outro xogador veterano que baixa desde a Primeira División para xogar en 1ª RFEF
O perfil das fichaxes do Deportivo está tendo un denominador común. Xogador con moita experiencia en Primeira e Segunda División, veterano e que dá un ou dous pasos cara atrás no tocante á categoría para xogar nun histórico do fútbol español.
Foi o caso de Balenziaga, Pablo Vázquez, París Adot e agora Ximo Navarro. O granadino (33 anos) pode actuar como lateral, central e incluso en tarefas defensivas no centro do campo. Un xogador que coñece moi ben o oficio. Con oito temporadas en Primeira División (case 200 partidos) e unha boa folla de servizos.
Mallorca, Almería, Alavés (onde coincidiu con Lucas Pérez) e a temporada pasada na Eredivisie xogando co Fortuna Sittard de Julio Velázquez.