Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Goberno busca implantar un billete único para o transporte público por toda España en 2026

O Goberno busca implantar un billete único para o transporte público por toda España en 2026

Os usuarios precisarán dun só billete para acceder a trens, autobuses, metros e tranvías

A alta velocidade ferroviaria e determinadas liñas de longa distancia non estarán comprendidas neste abono

Puente cuestiona os prazos da alta velocidade en Portugal e di que en España "chegaremos"

Imaxe de arquivo /EP
G24.gal 09/01/2025 14:50 Última actualización 09/01/2025 22:12

O ministro de Transportes, Óscar Puente, avanzou este xoves a creación dun billete único para viaxar en todo o transporte público de España a partir de 2026 mediante un abono.

Nun almorzo en Nova Economía Forum, o ministro explicou que o obxectivo é implantar este abono en 2026. Trátase dunha opción que será máis cómoda para os usuarios e que xa é operativa en países como Alemaña.

Os usuarios poderán cun só billete acceder a trens, metros, tranvías e autobuses, aínda que para iso son precisos acordos cos concellos e as comunidades autónomas, que son as que xestionan o transporte local e rexional, este último normalmente a través de consorcios.

Os servizos comerciais, como a alta velocidade ferroviaria ou determinadas liñas de longa distancia, non estarían incluídas neste abono. Actualmente, grazas aos descontos financiados polo Goberno e as comunidades autónomas, xa existen abonos para facilitar a adquisición de billetes. Manteranse durante o primeiro semestre do ano, mais a partir de xullo baixarán do 50 ao 40 %.

Con todo, a intención do Goberno é eliminar os descontos, tendo en conta que se crearon para amortecer o efecto da inflación tras a pandemia e a guerra en Ucraína. É por iso que o segundo semestre do ano será de transición cara a ese billete único en 2026.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade