Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno confía en convencer os grupos para acelerar o incremento do gasto militar

O Goberno confía en convencer os grupos para acelerar o incremento do gasto militar

Feijóo confirma que irá á reunión con Sánchez, pero esíxelle saber que quere facer

Sumar e Podemos confirman que rexeitarán a proposta do presidente do Goberno

O Goberno quere incrementar o gasto militar ata o 2 por cento do PIB antes do 2029
G24.gal 07/03/2025 14:31

A decisión política de rearmarse xa está tomada. Bruxelas estima que esta estratexia poderá mobilizar ata 800.000 millóns de euros. De onde sairán eses cartos? A Unión Europa daralles flexibilidade aos estados membros dentro das regras comunitarias de déficit e débeda, pero tamén cun novo instrumento de créditos de 150.000 millóns de euros financiado con emisións conxuntas de débeda.

A España corresponderalle gastar o 2 por cento do seu PIB en defensa antes de 2029. E o Goberno xa comeza a facer pedagoxía. Estamos falando "de investir en democracia", di o ministro de Xustiza, Félix Bolaños. Pero acelerar o gasto militar é un asunto complexo e espiñoso para o executivo. Para comezar porque non hai certezas de que poida aprobar uns novos orzamentos, que son a ferramenta para canalizar este tipo de desembolsos. 

E segundo por que os socios de coalición e os grupos que lle prestan apoio non comparten esa posición. É o caso de Sumar e tamén de Podemos. O presidente vaise involucrar persoalmente en convencelos. O xoves da vindeira semana vaise reunir con todos os grupos parlamentarios, agás Vox, para exporlles a situación. As reunións serán na Moncloa.

De non conseguir o seu obxectivo, debería recorrer ao Partido Popular. Feijóo aféalle que queira despachar este asunto de Estado en reunións de 20 a 30 minutos e que lle dea o mesmo trato que a Bildu. Pero confirma que asistirá e esíxelle que lle aclare por escrito o seu plan. O líder da oposición di que o presidente deberá comparecer no Congreso para explicarlle a toda a nación cal é a postura de España.

A día de hoxe, o Goberno central xa gasta máis en Defensa que en Sanidade, Educación e Cultura xuntos. Chegar a 36.000 millóns de euros vai significar que o executivo gastará tanto no militar coma en transferencias ás autonomías. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade