O k4 feminino queda sen medalla
O k4 feminino queda sen medalla
As españolas chegaron a entrar entre as tres primeiras, pero remataron sextas
Carolina García Otero e Sara Ouzande seguen vivas no k2
As galegas Teresa Portela e Carolina García Otero quedan sen medalla no k4. O cuarteto español chegou á liña de meta en sexta posición despois de estar na parte alta no comezo da proba. Non puido ser para Teresa Portela nos seus últimos xogos.
A proba non comezaba mal para o cuarteto español. Estaban en zona de medallas e aguantaban o primeiro pulo rival. Porén, as forzas minguaron e perderon postos con rapidez. Ao final, o ritmo decreceu moito e remataron sextas.
Non puido ser. As medallas estaban aí e só as de Nova Zelandia partía como claras favoritas, pero a carreira foi moi dura e a España tocoulle perder. Teresa Portela despídese das olimpíadas sen unha última medalla, e Carolina García Otero tentará resarcirse no k2.