Publicador de contidos
Publicador de contidos

O lateral Brais Martínez será baixa entre seis e oito semanas

O lateral Brais Martínez será baixa entre seis e oito semanas

O xogador ferrolán sofre unha lesión muscular no adutor da perna dereita

G24.gal 17/09/2024 20:41

Contratempo no Racing: o defensa Brais Martínez, que se mancaba nunha acción do último partido de liga ante o Cádiz, será baixa entre seis e oito semanas. O futbolista de Baiona sofre unha lesión muscular no adutor da perna dereita.

Así o confirmou esta tarde o club ferrolán tras someterse o xogador a unha resonancia magnética. O Racing prepara xa o vindeiro encontro de liga, no que recibirá o sábado o Albacete na Malata. Cristóbal terá que buscar substituto para un xogador fixo no seu once titular

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar