Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Liceo acaba coa condición de invicto do Barcelona (3-1)

O Liceo acaba coa condición de invicto do Barcelona (3-1)

O triunfo permítelles aos liceístas seguir na pelexa polo segundo posto da OK Liga

G24.gal 24/03/2024 13:35

O Liceo derrotou o Barcelona (3-1) e mantense na pelexa polo segundo posto da OK Liga, que pode ser determinante para os play offs. O conxunto coruñés queda con 41 puntos, a tres do Noia Freixenet, con catro xornadas por diante e unha delas cun enfrontamento directo entre os dous implicados. 

Íalle moito máis no partido ao Liceo que a un Barça que xa ten garantida a primeira posición na fase regular. Pero ninguén fora capaz de gañarlle ao equipo catalán nesta temporada. Despois de chegarmos ao descanso con empate sen goles foi Dava Torres o que marcou o primeiro tanto. Tardou menos dun minuto Alabart en empatar nunha bola parada. 

Decisivo César Carballeira

Foi entón cando tomou o mando das operacións César Carballeira. O internacional decidiu o partido cun dobrete nos últimos cinco minutos e posibilita que o Liceo chega ao treito decisivo da OK Liga con opcións. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos