Cargando resultados...
O Líceo cae 4-1 fronte ao Barça
O Líceo cae 4-1 fronte ao Barça
O equipo coruñes atópase a unha derrota de perder a final polo título
O xoves xogarase en Riazor o terceiro partido da final
G24.gal
10/06/2023 21:38
No segundo partido da final da OK Liga, o Barça volveu superar o Deportivo Liceo e gaña por dous a cero na eliminatoria polo título.
Os cataláns foron máis efectivos que os galegos. Marcharon o descanso gañando por 2-0 e acadaron outros dous goles máis no segundo tempo. Pau Bargalló, en dúas ocasións, Joao Rodríguez e Marc Grau marcaron os tantos locais.
Di Benedetto, xa co 4-0 no marcador, fixo o da honra para os galegos e recortou as diferenzas. O vindeiro xoves, en Riazor, terceiro partido da final. Verémolo na G2.